Por GC Tendencias | Santiago | 10/04/2014 | Actualizada ás 12:41
Inaugura mañá venres 11 a Real Filharmonía de Galicia, interpretando As sete últimas palabras de Cristo na Cruz, unha singular composición relixiosa encargada dende Cádiz a Joseph Hadyn, pai do Clasicismo. De Europa trasladámonos o sábado á música clásica do norte da India. Será nun concerto de Tapangroup xunto a un dos intérpretes de bansuri máis prestixiosos, Pandit Ronu Majumdar.
Artistas dende Xapón, Afganistán, Filipinas, Alemaña e Italia, entre outros, amosarannos que o poder suxestivo da música emprégase en todas as culturas para comunicar a espiritualidade. Coas súas voces e instrumentos crearán espazos de contemplación en diferentes localizacións como o CGAC, a igrexa de San Fiz ou o parque de Bonaval. Unha diversidade de locais que corresponde coa variedade de músicas que nos trae esta nova edición do festival, que poderedes seguir con información actualizada dende GCTendencias.
Agás os concertos do Auditorio de Galicia, que son de pago, a entrada ás actuacións é de balde, previa recollida de invitación no Teatro Principal.
O Festival de Músicas Contemplativas está organizado polo Consorcio de Santiago, o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, en colaboración co Banco Echevarría e o Centro Checo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.