Falecen outras catro persoas que foran diagnosticadas con covid

Tiñan entre 79 e 89 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O Sergas informou nas últimas horas da morte de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Entre estes óbitos, un correspóndese co pasado 31 de decembro, relativo a unha muller de 83 anos que faleceu no hospital vigués de POVISA. Nos casos restantes, pola contra, a morte foi certificada na xornada do pasado luns 3: trátase, de acordo co organismo dependente de Sanidade, dunha muller de 79 anos que morreu no HULA, un home de 89 anos no CHUAC e outra muller de 87 anos, no CHOP. A conta total de falecidos por covid en Galicia ascende así a 2.676 persoas.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con COVID-19 nunha imaxe de arquivo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta