Agárdase para este venres unha xornada de nubes e claros con chuvascos illados durante a mañá

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios, segundo Meteogalicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2022 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Este venres Galicia quedará transitoriamente na influencia de altas presións, nunha xornada de alternancia de nubes e claros en xeral. Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, haberá bancos de néboa matinal e a posibilidade dalgún chusvaco illado no terzo norte durante a mañá.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo do nor-noroeste e cambiará a dirección suroeste á noite.

Na Coruña e Ferrol, a temperatura mínima será de nove graos fronte aos catro de Lugo, os mesmos que en Ourense; o cinco de Santiago de Compostela e os seis de Vigo. As máximas estarán nos 13 graos da Coruña e Pontevedra; os 14 de Ferrol e Vigo; os 10 de Lugo, os 12 de Ourense e os 11 graos de Santiago de Compostela.

Nubes no ceo. EUROPA PRESS - Arquivo
Nubes no ceo. EUROPA PRESS - Arquivo

Doutra banda, segundo informou AEMET, as ondas terán en aviso laranxa á Coruña, Lugo e Pontevedra. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta