O cadáver achado nunha praia de Muros podería ser o dunha moza de 33 anos desaparecida

Nunha praia próxima onde foi achado o corpo apareceu un bolso coa documentación desta persoa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga se o cadáver achado este luns pola tarde nunha praia do municipio coruñés de Muros corresponde a unha moza de 33 anos cuxa desaparición fora denunciada en Cambre e cuxo corpo non presenta signos de violencia.

Así o informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que indicaron que se procedeu ao levantamento do cadáver sobre as 19,20 horas deste luns e ao seu traslado ao complexo hospitalario de Santiago.

A falecida é unha muller nova, en cuxa identificación se traballa para confirmar se se trata de María de los Ángeles Domínguez Canos, de 33 anos, cuxa desaparición fora denunciada no Cuartel de Cambre. Nunha praia próxima onde foi achado o corpo apareceu un bolso coa documentación desta persoa e outros efectos persoais, polo que está pendente de realizarse a identificación do corpo.

Rescate na praia do Ancoradoiro, en Muros. EUROPA PRESS - Arquivo
Rescate na praia do Ancoradoiro, en Muros. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta