Cogami promove melloras na accesibilidade no 2021: máis de 50 intervencións

As intervencións están relacionadas en como facer accesible o acceso a unha vivenda familiar, como adaptar un aseo ou como facer unha senda pública accesible a todas as persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A área de Accesibilidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) realizou o ano pasado un total de 53 intervencións e respondeu a 20 consultas, todas elas referidas a como levar a cabo melloras en espazos persoais ou comunitarios ou para asesorar sobre itinerarios accesibles en espazos públicos.

A maior parte das consultas, todas estas remitidas a COGAMI a través de chamadas telefónicas, por correo electrónico e en menor medida presencial coa pandemia, foron trasladadas tanto por persoas con discapacidade ou familiares como tamén desde entidades, empresas e mesmo desde representantes da administración pública.

En canto ás temáticas, están relacionadas en como facer accesible o acceso a unha vivenda familiar, como adaptar un aseo ou como facer unha senda pública accesible a todas ás persoas. O ano pasado, o 62% das consultas recibidas procedían da provincia da Coruña; o 24% da de Pontevedra; o 11% da de Ourense e o 3% de Lugo.

Exemplo dunha intervención de COGAMI para mellorar a accesibilidade. COGAMI
Exemplo dunha intervención de COGAMI para mellorar a accesibilidade. COGAMI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta