Investigan a morte dunha muller de 95 anos e o seu fillo no seu domicilio en Mondariz

Os corpos non presentan signos de violencia.

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 14/01/2022 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a morte dunha muller de 95 anos e o seu fillo de 52 que foron atopados no seu domicilio en Mondariz. Non presentan signos de violencia.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Fontes da investigación confirmaron que sobre as 14,25 horas foron atopados os cadáveres de nai e fillo, despois de que familiares alertasen que non os localizaban e non tiñan noticias desde Fin de Ano.

A falta do que determinen a investigación e as autopsias, non se atoparon evidencias nin rastro de morte violenta, confirmaron as mesmas fontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta