Amplíase o peche de barras, oito persoas por mesa e público sentado ata o 12 de febreiro

O límite nas reunións entre as 3 e as 6 da madrugada xa non estará vixente desde a madrugada deste luns 17, aínda que se mantén para as saídas nocturnas dos xoves, venres, sábados e vésperas de festivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2022 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A Xunta decidiu prorrogar desde o 18 de xaneiro ata o próximo 12 de febreiro as restricións xerais da pandemia --as que non teñen que ser sometidas a autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)--.

É dicir, ata o 12 de febreiro non se poderá dar servizo nas barras dos bares, as mesas estarán limitadas a un máximo de oito comensais en interior (e dez en exterior) e os espectáculos artísticos e musicais e auditorios e cinemas deberán realizar a súa actividade sempre co público sentado.

O horario de hostalaría mantense con peche ás 00,00 horas pola semana e á 1 da madrugada as noites do venres ao sábado e do sábado ao domingo tamén ata o 12 de febreiro, así como o lecer nocturno seguirá abrindo ata as 3 da madrugada.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) bis publicado na tarde deste venres pola Consellería de Sanidade, que tamén publicou as medidas relativas ao uso do certificado covid en hostalaría, lecer nocturno ximnasios, hospitais e albergues de peregrinos.

Con todo, estas medidas entran en vigor xa este mesmo sábado. Por tanto, o límite nas reunións entre as 3 e as 6 da madrugada en Galicia xa non estará vixente na madrugada deste luns 17 de xaneiro, é dicir, a Xunta decidiu adiantar o final desta medida, aínda que se anunciou que se aplicaría desde o 18.

Deste xeito, quedará vixente a restrición horaria entre as 3 e as 6 da madrugada, en espazos públicos e privados interiores e exteriores os venres, sábados e domingos, é dicir, as saídas nocturnas dos xoves, venres e sábados. Ademais, tamén afecta aos festivos, é dicir, ás saídas nocturnas das vésperas de festivo.

Unha barra dun bar coruñés. M. Dylan - Europa Press
Unha barra dun bar coruñés. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta