As grandes diferencias de PSdeG e BNG en Lugo

As grandes diferencias que manteñen o PSdeG e o BNG en Lugo poden poñer en perigo a conformación do goberno municipal e mesmo as negociacións para chegar a un acordo sobre a Deputación de Lugo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/06/2007 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

Detrás destes desencontros tamén se agochan tensións dentro dos respectivos grupos municipais. No PSdeG de Lugo hai unha forte oposición a pactos co BNG, una posición que encabeza o propio Orozco, pero tamén acontece o mesmo na formación nacionalista, especialmente, nun sector da UPG.

O propio conselleiro de Industria e ex concelleiro en Lugo durante o goberno de coalición de 1999-2003 tamén amosou a súas dúbidas no Consello Nacional do pasado sábado ante a posiblidade dun pacto cos socialistas en Lugo.

De feito, as diferencias que manteñen ambos grupos na cidade fan peligrar non só o pacto na cidade, senon tamén na propia deputación. Durante as conversas das comisións negociadoras da pasada semana, decidiuse deixar fora do pacto un acordo sobre as deputacións, precisamente, polos grandes problemas que ambos amosaron para consensuar unha fórmula para Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 Cítrico

Moita política de xestos e pouca política real. Por que o BNG da Coruña non tivo reparos en acudir ao despacho de alcalde de Losada?

4 Caverna

Non é certo que houbera planton. Orozco era coñecedor de que o Bloque non ia asistir e ainda asi mantivo a reunion e a convocataria á prensa. Quén busca entón os desencontros? Ademais é natural que O BNG non vaia á Alcaldia, o BNG reunese co alcaldable do PSOE e non co Alcalde de Lugo

3 Vicenzo

PSOE e BNG, ou vos poñedes de acordo onde é necesario ou a próxima vez imos ser aínda máis os que deixemos de votar

2 pedro

Polo ben da cidade compre que os dous grupos municipais limen asperezas echeguen a acordos canto antes. A min gustábame o Orozco do período 1999-2003, non o da última lexislatura. Parece que as maiorias absolutas conducen á soberbia e a borracheira política. Compre ante todo humildade.

1 Torito

Iste Orozco levouse unha sorpresa. Ainda non se decatou que ten que gobernar co Bloque. Outro que tamén me quería substituir. Pois quedou amolado. Teño medo que se reclua definivamente no Mosteiro de Mondoñedo.