A Fundación Barrié convoca a segunda edición do seu programa de bolsas de investigación internacional no verán

Por E.P. | A CORUÑA | 20/01/2022 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A Fundación Barrié convocou a segunda edición do 'Summer Undergraduate Fellowship Program', un programa de bolsas de investigación internacional durante o verán.

"Co obxectivo de que estudantes universitarios galegos poidan adquirir experiencia en institucións de referencia internacional, incrementar os seus coñecementos e orientar a súa carreira profesional", informa.

Esta segunda edición está dirixida a estudantes galegos cursando estudos de titulacións universitarias en Ciencias da Vida. Os centros de destino nesta edición son: o Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía do Louisiana State University Health Sciences Center (EE UU) e a División de Medicina e a de Infección e Inmunidade da Facultade de Ciencias Médicas do University College London.

Os estudantes seleccionados recibirán, ademais dunha preparación no campo da investigación biomédica, apoio económico para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención.

Investigadoras da USC
Investigadoras da USC | Fonte: Fonte: Santi Alvite

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta