Temas: XOGO APOSTAS

Aumenta un 9,38% o número de persoas en Galicia que pide que se lle prohiba o acceso a xogos e apostas en internet

No conxunto do Estado, a cifra ascende ao 13,64%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/01/2022 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O número de persoas que solicitou que se lle prohiba o acceso a xogos e apostas en liña aumentou un 9,38% en Galicia en 2021 respecto ao ano anterior, segundo os datos da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DGOJ) do Ministerio de Consumo. No conxunto do Estado, a cifra ascende ao 13,64%.

Unha muller sostén unha pancarta onde se le 'Non ás casas de apostas' nunha manifestación contra a proliferación dos locais de apostas
Unha muller sostén unha pancarta onde se le 'Non ás casas de apostas' nunha manifestación contra a proliferación dos locais de apostas | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press.

No total de España, o rexistro de autoprohibidos sumou, en concreto, 7.640 inscritos no último exercicio, co que a cifra global ascendeu a 63.646 fronte aos 56.006 que se contabilizaron en 2020.

Por comunidades autónomas, Illas Baleares é a que representa un maior aumento de autoprohibidos, xa que pasou de 1.179 a 1.480 nun ano, o que supón un crecemento do 25,53%, e está seguida pola Rexión de Murcia, que marcou un incremento do 22,44% (pasando de 2.562 a 3.137 inscritos).

Temas: XOGO APOSTAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta