Comesaña nega "privilexios" nos parlamentarios afectados por contactos estreitos

O actual protocolo da Xunta contempla que os contactos estreitos de positivos sigan acudindo ao seu lugar de traballo. Con todo, as medidas rectoras no Parlamento galego permitiu a tres deputados delegar o seu voto no mesmo suposto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, negou a existencia dun "privilexio" para os parlamentarios do Pazo Hórreo despois de que catro destes abandonaran o hemiciclo por probas positivas ou contactos estreitos. Fíxoo así a preguntas dos xornalistas na comparecencia deste mércores a respecto do actual protocolo da Xunta, que permite a persoas con contactos estreitos positivos seguir acudindo aos seus traballos. 

Vista xeral do Parlamento Galego, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía, no Pazo do Hórreo, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press

A cuestión chega así despois de que transcendera o abandono do hemiciclo compostelán por parte de catro deputados --dous do BNG, un do PPdeG e outro do PSdeG-- que nesta primeira sesión plenaria tras o descanso do Nadal, dediciron acollerse ao protocolo covid por contaxio ou contacto estreito con positivo e delegaron o seu voto nos portavoces parlamentarios do seu grupo.

A medida choca co protocolo sanitario da propia Xunta de Galicia en tanto que os contactos estreitos que conten coa pauta completa de vacinación, como recordou o propio conselleiro, non deben desenvolver corentenas. En consecuencia, carecen tamén de baixa xustificada aínda no caso de que deban coidar dunha persoa que si sexa positiva no seu propio domicilio. Noutras palabras, que deben seguir acudindo aos postos de traballo.

Fronte a esta circunstancia, o conselleiro de Sanidade incidiu que o protocolo da Xunta "é para os cidadáns galegos, é o protocolo que segue este conselleiro, o equipo directivo do Sergas... non hai distinción". Iso si, Comesaña incidiu tamén que "logo cada un coas súas condicións toma as medidas que estima máis oportunas. O protocolo é igual para todos", engadiu. 

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, negou a existencia dun "privilexio" para os parlamentarios do Pazo Hórreo despois de que catro destes abandonaran o hemiciclo por probas positivas ou contactos estreitos. Fíxoo así a preguntas dos xornalistas na comparecencia deste mércores a respecto do actual protocolo da Xunta, que permite a persoas con contactos estreitos positivos seguir acudindo aos seus traballos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta