A caída dunha árbore deixa sen luz a 6.000 usuarios de Lalín e Silleda

A caída produciuse durante unha talla.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A caída dunha árbore deixou sen luz durante a mañá deste mércores a ao redor de 6.000 usuarios dos concellos de Lalín e Silleda.

Segundo informou Naturgy, a incidencia na liña aérea, ao seu paso polo municipio de Rodeiro, detectouse esta mañá preto das 10,20 horas. Segundo explican, o corte produciuse pola caída dunha árbore durante unha talla.

A maior parte dos afectados foron de Lalín, tanto do núcleo urbano como da zona rural, pero tamén se notificaron algúns en Silleda, ao tratarse dunha zona limítrofe.

O funcionamento da liña quedou completamente restablecido xa ás 15,10 horas.

Edificio de Naturgy
Edificio de Naturgy | Fonte: Naturgy - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta