Este é o novo vídeo das Tanxugueiras con Rayden en plena polémica polas votacións no Benidorm Fest

Averno presentouse este 28 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Tanxugueiras presentou Averno, o seu novo sinxelo, este venres 28 de xaneiro. O tema, que formará parte do seu novo disco, é a primeira colaboración que Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro gravan co rapeiro madrileño Rayden, con quen participan esta semana na primeira edición do Benidorm Fest. Un festival en plena polémica polas votacións do xurado que quixo escluír ás galegas da final.

Averno, novo tema das Tanxugueiras co rapeiro Rayden
Averno, novo tema das Tanxugueiras co rapeiro Rayden

Averno nace como unha declaración de intencións respecto a un sentimento común: a raiba. A expresión e liberación da mesma é o eixe que vertebra unha canción na que, como é habitual no repertorio das Tanxugueiras, parte da tradición para outorgar ás sonoridades urbanas un especial protagonismo; ademais de conxugar lírica de creación propia e popular

O tema, editado por PlayPlan Cultural e Calaverita Records, publicarouse na medianoite do venres 28 nas principais plataformas dixitais acompañado dun videoclip dirixido por Trece Amarillo, e que supón a creación audiovisual máis cinematográfica das presentadas até o momento polas cantareiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta