Os celtas poderían ter a súa orixe en Andalucía

Así o cre o director do Instituto de Estudos Celtas que asegura que da cultura tartessa pasou a Galicia e de aí a Irlanda, Inglaterra e Escocia.

Por Galicia Confidencial | Avila | 29/04/2014 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A lingua celta non chegou á Península desde as Illas Británicas, nin tampouco fixo a viaxe inversa desde Galicia, como cren algúns expertos. Un novo estudo asegura que a lingua celta orixinouse na actual Andalucía, entre a zona de Huelva, Sevilla e Cádiz, onde esta asentada a civilización tartessa.

Mapa da posible ubicación da cultura tartessa
Mapa da posible ubicación da cultura tartessa | Fonte: Muy Interesante

Esa, cando menos, é a nova teoría do director do Instituto de Estudos Celtas, Ramón Sainero, que foi presentada no VII Congreso Transfronteirizo de Estudos Celtas España-Portugal, celebrado en Ávila. Unha teoría que, ademais, está collendo certo pulo entre certos sectores académicos.

E é que lembran que recentes estudos de expertos das universidades de Oxford e Gales sinalan que as linguas celtas primitivas do occidente atlántico atópanse na Península Ibérica, e non en Centroeuropa, para reforzar esta idea. Pero a Península Ibérica é moi grande, e tanto pode ser o norte dela, coma o sur. 

A teoría de Ramón Sainero

Sen embargo, Ramón Sainero, que acaba de publicar o libro "La huella celta en España e Irlanda",  destaca que hai evidencias históricas, lingüísticas e literarias para situar a orixe do alfabeto hispano primitivo de Tartessos cos signos rúnicos usados nas Illas Británicas e en Centro Europa. Segundo explica o autor nun medio de Huelva, "con este estudo, se se considera válido, podemos chegar á sorprendentemente conclusión de que os signos de escritura usados na primitiva rexión hispano-lusa de Tartessos, de aproximadamente o século VII a. C.,  son iguais ou moi parecidos ás runas que coñecemos en Europa a partir do século I d. C.".

O director do IEC di que, posteriormente, esta língua e o seu pobo trasladouse a Galicia, e de alí, ao resto dos países celtas. E, para sustentar a súa teoría lembra que Heródoto,  no século V. a. C. di na súa Historia que os celtas máis antigos existían á beira do pobo dos cinetes na zona de Tartessos. "Polos estudos históricos realizados por diferentes especialistas sabemos que este pobo dos 'celtici' da zona de Tartessos posteriormente emigrou e fundo un asentamento na zona sur de Galicia e tamén sabemos polos primitivos manuscritos irlandeses -Os Anais de Clonmacnoise e O Libro das Invasións-, que os asentamentos dos escotos, máis tarde coñecidos como habitantes de Irlanda e Escocia, asentáronse na zona de Tartessos, onde se multiplicaron e crearon un asentamento para posteriormente establecer un reino na zona de Galicia e despois invadir e conquistar Irlanda", apunta.

O celta actual

O celta falado e escrito nas Illas Británicas e na Bretaña, no Occidente Atlántico, é o mellor conservado e existe en diferentes dialectos falados e escritos até hoxe en día. Pero, para este experto, "hai formas de escritura na zona sur de Iberia, tartésica e ibérica, algunhas anteriores ao século VII a. C.,  coas que máis tarde se escribirían os textos celta hispanos. É unha época na que as Illas Británicas e os territorios centro europeos non posuían unha cultura escrita".

Ramón Sainero é, ademais de director do Instituto de Estudos Celtas, representante español no Consello de Dirección do Centro Internacional de Estudos Celtas (CIEC), e foi profesor agregado e profesor titular durante os últimos 37 anos na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

14 Xan do Outeiro

A ver, Príncipe dos Mouros. Está claro que nom profundaches moito máis no tema e ficaches co que che dixerom na classe. Em verdade nom é culpa tua. Um nom pode ser especialista em todo mais, pola mesma raçom, um deveria expressar-se com máis cautela e nom sentar como verdades absolutas o que só som teorias máis ou menos aceitadas .

1 Xan do Outeiro

A teoria dos Kurgan (em russo "túmulos", chamada assim pola cultura arqueológica do mesmo nome) é umha das setenta ou máis teorias da Urheimat que se levam fazendo desde hai douscentos anos. É umha teoria, nom um feito incontestável. Todas elas seguem o chamado modelo invasionista, que postula que um povo em umha ou várias vagas foi asobalhando os povos de línguas pre-indoeuropeas dende o Calcolítico até a sua desapariçom. O invasionismo en geral, e a teoria dos Kurgan em particular foi basicamente desmontado polo arqueólogo Colin Renfrew hai já quase 30 anos. Pois a arqueologia desde hai já médio século nom explica as mudanças culturais como umha sequência de invasóns, senóm em grande parte como difusom mediante troco de ideas e esporadicamente pequenos movementos de povoaçom. Nom descarta, isso sim, que tivesse havido casos de "limpeza étnica", mais estes seriam a exceçom á regra.

2 Xan do Outeiro

A maioria dos indoeuropeístas aceitam a teoria dos Kurgan (ou outras que seguem o modelo invasionista) porque lhes quadra melhor coas desfasadas noçóns de Urheimat, Urvolk, Urreligion, etc, e o o método essencialmente equivocado da Paleontologia Linguística de Pictet. Preferem aceitar umha teoria totalmente desacreditada no mundo da arqueologia que soltar o lastre da tradiçom. É dizer som humanos e, como a maioria dos humanos, som "preguiceiros" e temerosos das grandes mudanças.

3 Xan do Outeiro

Porém, hai outros linguistas que apostam por outros modelos explicativos. Uns seguem a teoria de Renfrew que, para resumir, defende que os indo-europeus forom o povo que trouxo a agricultura a Europa desde Anatólia. Se bem esta teoria desmonta magnificamente os postulados invasionistas, eu nom estou de acordo com ela, porque cai no mesmo erro simplista de um Urvolk, umha Urheimat, etc. Eu estou máis de acordo coa teoria (ou Paradigma) da Continuidade Paleolítica, que postula que a diferenciaçom principal das distintas ramas indo-europeas já se deu no Paleolítico Superior e que, trás a última glaciaçom, a expansom da agricultura e posteriormente a sucessom de episódios de elites dominantes típicos Idade dos metais, o elemento linguistico fundamental que explica a diferenciaçom e fragmentaçom dentro das famílias de línguas indo-europeas é a HIBRIDAÇOM.

4 Xan do Outeiro

Para máis informaçom: www.continuitas.org. Tamém recomendável www.languagecontinuity.blogspot.com. Neste modelo, que foge das simplistas árvores genealógicas e prevê processos de mudanças máis complicados e máis prolongados no tempo, é possível postular que as línguas celtas (ou melhor dito, aqueles “lingüemas” que logo acabariam dando nas línguas celtas que conhecemos) eram já faladas no refúgio ibérico durante a última glaciaçom. Desde ali grupos de falantes destas variedades celtoides seguirom a retirada do geo até Escócia ao longo da costa atlântica e outros ficarom na Península Ibérica, onde topamos as línguas tartéssica, a galaico-lusitana e o(s) celtíbero(s).

5 Xan do Outeiro

A afiliaçom das duas primeiras variedades co resto das línguas celtas é o que hojendia está em discussom, pois o material co que trabalham os especialistas é tam escasso que se pode argumentar a favor ou em contra da tese com igual fundamento. Em resume, Príncipe dos Mouros, com todo isto escrito só queria fazer constatar que a cousa nom está tam clara como o pintas, Que os intentos de localizar umha origem para o povo originário indo-europeu pode considerar-se "un fracaso sin paliativos", em palavras de Francisco Villar. Hai, afortunadamente, alternativas que, devem ser exploradas. Porém, douscentos anos de tradiçom som umha lousa demasiado pesada para moitos estudiosos.

6 Mussso

La teoría de continuidad paleolítica es una burrada sin presencia en foros serios.

13 Eloi dos Freiría

Os galegos para variar barrendo para fora de casa... e volta ca burra o milho... Os primeiros asentamentos tartésicos datam da final do bronce e principios do ferro (1200-900 a.c.)... os asentamentos Proto-Celtigos da Gallaecia registram-se muito antes de isto... por nom falar de trazos proto-celtigos no megalitismo atlântico 4000 anos antes (5000 ate 3500 a.c.) e do intercambio cultural em aquela época... EM FIM... UNS ILUSTRADOS DA HOSTIA!!!

12 Biologia

Os celtas são os descententes dos povos que se refugiaram no oeste da Península Ibérica durante a última glaciação. Este refúgio ibérico era a única região da Europa não coberta polo gelo (junto com algumas áreas da costa leste do Adriático). Ao ir recuando o gelo estes povos espalharam-se por toda a Europa occidental e central e foi precisamente nas concas do Reno e do Mosela, ricas em ferro, onde nasceria posteriormente a civilização celta propriamente dita, que é a civilização do ferro, mas herdeira directa, étnica e culturalmente, dos proto-celtas ibéricos. Esses celtas centro-europeus provavelmente não invadiram nada, foi um influxo cultural dentro do mesmo sistema.

1 Biologia

Portanto, todas as teorias sobre as origens dos celtas (a basco-cántabra, a galaica, a da iberia suroccidental, incluindo o sul de Portugal, e a centro-europeia) têm parte de razão. Outra cousa é o que isso poda significar hoje.

2 O Príncipe dos Mouros

Todo iso que estás a dicir é mitoloxía. Non tes nin idea de nada. Non sabes nin a que se refire o termo "celta". Ti confundes indíxenas ibéricos pre-indoeuropeos cun pobo con orixes antropolóxicas no Leste de Europa: o pobo indoeuropeo. Os celtas son un pobo de lingua indoeuropea, e como tódolos pobos indoeuropeos, teñen unha orixe común nos montes Kurgáns (entre o sur de Rusia e Ucraína, á beira do Mar Caspio), dende onde se espallaron--eles, a súa lingua e a súa cultura--hai 7.000 anos cara Asia Occidental e Europa. Que se pode esperar dun lusista? Mitoloxía.

3 Biologia

Quase todo o que dizes está já superado. Os teus conhecimentos levam um desfase de 30-40 anos a respeito do state-of-the-art em todos os campos (história, arqueologia, linguística, genética). Como és um rapaz novo devemos concluir que o nível educativo na faculdade de filologia da USC é bastante medíocre, to say the least.

4 Biologia

Toma apenas um artigo para que te entretenhas: http://www.historyireland.com/pre-h...

5 Xistral

O principe dos Mouros xa estudou filoloxía despois de suprimir aquel latín onde estaban coa carreira acabada mil persoas e con latín suspenso. A carreira de filoloxía inglesa que fixo a miña muller coa que hai hoxe é como comparar 1º de primaria con 2º de bacharelato. Hoxe é un regalo. E este xa estudou nesa fase. Xa non digo a que estudei eu porque é de risa comparar hoxe con antes. Pero evidentemente se dos IES ven xente cun nivel de preparación inferior (en 2º de bac) ao que había antes en 1º de BUP que se vai facer na Universidade... E sí, está desfasado 30-40 anos...

6 buli

Biologia, desde a última glaciaçom ate a idade do ferro vam miles de anos. Pareceme umha barbaridade o que dizes.As povoaçoes mesoliticas, forom completamente substituidas polas migraçoes neoliticas que vinham do leste.Isto está demostrado com a sequenzaçom de adn mitrocondial dum exemplar caçador-recoletor de ha 7000 anos aparecido numha gruta em leom.

7 Dr. Extermínio

Buli, não há um caso na história de substituição total da população. Houve imigrantes neolíticos chegados do leste e, no caso da Península Ibérica, fundamentalmente da África (como os próprios Iberos). O que se observa na Europa são dous gradientes genéticos: um Norte-Sul e o outro, mais importante, Leste-Oeste. O pico das populações celtas acha-se nalguma das zonas mais remotas de Irlanda e Escócia, simplesmente por ser as mais isoladas a respeito das migrações neolíticas. O gradiente Leste-Oeste tem o seu ponto meio na metade Oeste da Alemanha, onde mais da metade do genoma é celta (que é o mesmo que dizer próto-celta pois há uma continuidade desde o Paleolítico). Quer dizer, que os alemães do Oeste são mais celtas que germanos. Já os do leste são mais germanos (e eslavos).

11 límico

Non digades parvadas. Os celtas naceron, e ali seguen na marxe dereita do rio Lagares en Vigo, na zona coñecida como Balaídos. Todo o mundo o sabe menos este "experto"

1 Víctor

Pois eu penso que ti tampouco tes moita idea. Prestixiosos estudos de prestixiosos expertos de inda mais prestixiosas universidades do mundo mundial chegaron á conclusión que os celtas son de Pontedeume e mais de Sarria. Por iso se chama asi o leite Celta e a auga Fontecelta. Moito listo hai por ahi...

10 Tartesian empanada

Xa dixo Bieito o papa que meteron no cuato oscuro que foran a belem, estes que viñeron a Galiza, fixo que levavan perixel no ombligo pra non se marear