Os celtas poderían ter a súa orixe en Andalucía

Así o cre o director do Instituto de Estudos Celtas que asegura que da cultura tartessa pasou a Galicia e de aí a Irlanda, Inglaterra e Escocia.

Por Galicia Confidencial | Avila | 29/04/2014 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A lingua celta non chegou á Península desde as Illas Británicas, nin tampouco fixo a viaxe inversa desde Galicia, como cren algúns expertos. Un novo estudo asegura que a lingua celta orixinouse na actual Andalucía, entre a zona de Huelva, Sevilla e Cádiz, onde esta asentada a civilización tartessa.

Mapa da posible ubicación da cultura tartessa
Mapa da posible ubicación da cultura tartessa | Fonte: Muy Interesante

Esa, cando menos, é a nova teoría do director do Instituto de Estudos Celtas, Ramón Sainero, que foi presentada no VII Congreso Transfronteirizo de Estudos Celtas España-Portugal, celebrado en Ávila. Unha teoría que, ademais, está collendo certo pulo entre certos sectores académicos.

E é que lembran que recentes estudos de expertos das universidades de Oxford e Gales sinalan que as linguas celtas primitivas do occidente atlántico atópanse na Península Ibérica, e non en Centroeuropa, para reforzar esta idea. Pero a Península Ibérica é moi grande, e tanto pode ser o norte dela, coma o sur. 

A teoría de Ramón Sainero

Sen embargo, Ramón Sainero, que acaba de publicar o libro "La huella celta en España e Irlanda",  destaca que hai evidencias históricas, lingüísticas e literarias para situar a orixe do alfabeto hispano primitivo de Tartessos cos signos rúnicos usados nas Illas Británicas e en Centro Europa. Segundo explica o autor nun medio de Huelva, "con este estudo, se se considera válido, podemos chegar á sorprendentemente conclusión de que os signos de escritura usados na primitiva rexión hispano-lusa de Tartessos, de aproximadamente o século VII a. C.,  son iguais ou moi parecidos ás runas que coñecemos en Europa a partir do século I d. C.".

O director do IEC di que, posteriormente, esta língua e o seu pobo trasladouse a Galicia, e de alí, ao resto dos países celtas. E, para sustentar a súa teoría lembra que Heródoto,  no século V. a. C. di na súa Historia que os celtas máis antigos existían á beira do pobo dos cinetes na zona de Tartessos. "Polos estudos históricos realizados por diferentes especialistas sabemos que este pobo dos 'celtici' da zona de Tartessos posteriormente emigrou e fundo un asentamento na zona sur de Galicia e tamén sabemos polos primitivos manuscritos irlandeses -Os Anais de Clonmacnoise e O Libro das Invasións-, que os asentamentos dos escotos, máis tarde coñecidos como habitantes de Irlanda e Escocia, asentáronse na zona de Tartessos, onde se multiplicaron e crearon un asentamento para posteriormente establecer un reino na zona de Galicia e despois invadir e conquistar Irlanda", apunta.

O celta actual

O celta falado e escrito nas Illas Británicas e na Bretaña, no Occidente Atlántico, é o mellor conservado e existe en diferentes dialectos falados e escritos até hoxe en día. Pero, para este experto, "hai formas de escritura na zona sur de Iberia, tartésica e ibérica, algunhas anteriores ao século VII a. C.,  coas que máis tarde se escribirían os textos celta hispanos. É unha época na que as Illas Británicas e os territorios centro europeos non posuían unha cultura escrita".

Ramón Sainero é, ademais de director do Instituto de Estudos Celtas, representante español no Consello de Dirección do Centro Internacional de Estudos Celtas (CIEC), e foi profesor agregado e profesor titular durante os últimos 37 anos na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

4 Doutor Moreno

A Claudicación máis grande, neste tema, nos últimos tempos foi o cambio de denominación da Empresa de Transportes "Celta" a "Hermanos Ferrín"......: a FPG sempre bichicomeando ao pais........!!.

3 Segurado Torrisco

Ramón Sainero e o seu Instituto de Estudios Celtas sempre quixo quitar todo protagonismo á Galaecia na cuestión celta. Cando se falaba da orixe celta dos galegos actuais, un exército do paradoxo: españois e intelectuais, saía a desmentilo. Carlos Alonso del Real, ilustre falanxista arrepentido, procurounos o nome de castreños ou castrexos, sempre mellor que o de castrati. Nunca faltaron aqueles autocríticos nacionais co que non somos nada, ou mesmo, menos que nada. Mais agora que ate os tartessos son celtas, carece de utilidade antidiferencialista o carácter non celta da cultura primitiva galega. O exército do paradoxo “españois e intelectuais”, xa traballa en que nada máis español que o celtismo. Agora con Beiras, Cayo Lara e a doce Despidos Senra, si se pode.

1 Neo

Non consta que en Galicia houbera nin arte nin relixión 'céltico' se é que existíu algunha vez algo así. Iso son feitos, o resto son parvadas do século XIX. A ver se maduramos.

2 España Únicoimp

Maduramos de avondo, mesmo estamos a apodrecer de auto odio pseudocintífico.

3 Neo

Auto-odio o voso que tedes que buscar mitos racistas para defender o voso parasitismo campión.

4 O Príncipe dos Mouros

A única disciplina científica que determina as identidades étnicas é a Lingüística, ou falas ou non falas unha lingua celta. Se sabes inglés, convídote a que leas esta tese dunha universidade madrileña sobre as evidencias lingüísticas da Galicia paleohispana para comprobares se aqueles galegos falaban ou non falaban unha lingua celta: http://www4.uwm.edu/celtic/ekeltoi/... Revisa os teus "feitos", porque me parece a min que inventas máis do que falas. Algúns de nós estamos bastante fartos do negacionismo. Esta mesma tarde comezarei a traducir ese pequeno traballo ao castelán; é unha mágoa que só estea en inglés, porque é excelente.

5 Biologia

A única disciplina científica que determina as identidades étnicas é a genética. O resto é política.

6 O Príncipe dos Mouros

Falei de identidade étnica (lingua e cultura); non de identidade racial. Aprendedes esas cousiñas en Xenética ou Bioloxía?

2 chosi

A teoría que eu máis levo lido sobre o tema é que os celtas saíron de Centroeuropa, e ahí migraron cara occidente (Illas Británicas e Península Ibérica) e cara oriente (Turquía). Ademáis que tamén está moi extendida a idea de que os Iberos non son un pobo indoeuropeo, cousa cos celtas si. E xa non entro no reino celta de Galicia cando só son unha maioría os autores que o defenden

1 Mars Explorer

Eu creo que os celtas proveñen de Marte, como aseguran as teorías sobre a orixe da vida na Terra. Todo provén do exterior a través dun meteorito...