Detida unha veciña de Ortigueira pola queima de numerosos colectores de lixo nos últimos meses

Foi detida como presunta autora dun delito de danos no mobiliario público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil do posto de Ortigueira, en colaboración co Equipo Roca da Garda Civil de Ferrol, detiveron a unha veciña de Ortigueira como presunta autora dun delito de danos no mobiliario público.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación púxose en marcha por mor da queima de numerosos colectores de lixo nesta localidade nos últimos meses. Así, a Garda Civil activou un dispositivo de prevención para identificar o autor ou autores deses danos.

Froito das pescudas os axentes sorprenderon a unha muller incendiando un colector de plástico e unhas matogueiras dunha leira urbana próxima ao colector.

Por estes feitos, a muller foi detida como presunta autora dun delito de danos, e as xestións realizadas foron postas a disposición do xulgado de instrución único de Ortigueira.

Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo
Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta