Por E.P. | Ourense | 03/02/2022 | Actualizada ás 17:33
A revista Raigame presentou este xoves o segundo número da triloxía dedicada á investigación arqueolóxica na provincia de Ourense desde 1920. A Deputación de Ourense acolleu a presentación deste número dunha publicación coa que a institución provincial "leva colaborando desde os seus inicios, porque unhas das liñas fundamentais da política cultural deste goberno provincial é a difusión e posta en valor do patrimonio", dixo o seu vicepresidente, César Fernández.
No acto tamén estiveron presentes o director de Raigame, Xulio Fernández Senra, e o secretario da mesma, Javier Álvarez. Segundo Fernández, a revista "é un traballo singular sobre o patrimonio cultural da provincia, que se caracteriza polo seu alto valor científico, calidade investigadora e, ademais, literaria".
Ademais, o director engadiu "que achega ao patrimonio material e inmaterial tan numeroso no territorio ourensán", converténdose nun documento de referencia "non só para coñecer o patrimonio, senón para trasladalo ao exterior desde a visión de persoas moi experimentadas e documentadas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.