Temas: ERTE AS PONTES

A empresa Biomasa Forestal das Pontes presenta un ERTE polo encarecemento dos custos de produción

A medida afectaría a un total de 12 empregados, que representan un 71% do persoal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/02/2022 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A dirección da empresa Biomasa Forestal, asentada no polígono de Penapurreira, nas Pontes de García Rodríguez, e dedicada á fabricación de pélets, presentou este venres aos seus traballadores unha proposta de Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para un total de 12 empregados, e que representan un 71% do persoal, formado por 17 operarios.

Empresa Biomasa Forestal, nas Pontes
Empresa Biomasa Forestal, nas Pontes | Fonte: Google Maps.

Segundo incidiu a compañía, esta proposta reguladora estenderíase por un período máximo dun ano, e estaría motivado por causas económicas e de mercado, que "fan insustentable o mantemento do ritmo actual de produción".

Así, inciden en que a tendencia alcista dos principais custos de fabricación e distribución do produto, como a electricidade, a materia prima, biomasa forestal, e loxística, "que non pararon de crecer desde principios do 2021 ata a actualidade", non se poden trasladar aos prezos de venda de pélets, xa que "non seríancompetitivos e a demanda caería máis do que o fixo nestes dous anos".

Desde a dirección da planta asentada nas Pontes sinalaron que "os prezos de pélets están por baixo das tarifas prepandemia, o que xerou un importante desaxuste nas contas", ao que hai que sumar "os efectos derivados de case dous anos de pandemia que significaron a xeración dun importante 'stock' de produto", ante a falta de actividade de moitos dos seus clientes, como hostalaría e restauración, ademais de centros deportivos.

CIFRAS

Na mesma liña, explicaron que "desde o ano 2019 ata hoxe a demanda de pélets da compañía reduciuse en case un 39%", cifras obtidas a peche de 2021, pese ao incremento de instalacións de caldeiras e estufas, xa que o consumo derivado destas últimas "non se fará notar minimamente ata o último cuadrimestre deste ano".

Ademais, Biomasa Forestal decidiu renunciar para este ano ao mercado de exportación ata que a situación se normalice e manterá a produción e comercialización a nivel estatal, que será posible grazas ao 'stock' existente e aos ritmos de produción que se realizarán en períodos de menor consumo eléctrico, como noites e fins de semana, co fin de poder alcanzar un produto máis competitivo e evitar así seguir lastrando o balance de resultados.

Temas: ERTE AS PONTES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta