Controlado un incendio no concello de Calvos de Randín que afecta ao Parque Natural do Xurés

As primeiras estimacións apuntan que a superficie afectada é dunha hectárea.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/02/2022 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou controlado ás 19,06 h. o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Incedio forestal no Parque Natural do Xurés
Incedio forestal no Parque Natural do Xurés | Fonte: BRIF Laza- Arquiv

O lume iniciouse ás 17,40 h. desta tarde en dous puntos diferentes e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor dunha hectárea. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta