Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Cabanas

Os efectivos do GES tiveron que intervir para excarcerar á vítima.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Un accidente de tráfico rexistrado na estrada que une Fene e As Pontes (AC-564), en Cabanas, saldouse cunha vítima mortal. Do suceso informou o 112 Galicia no seu perfil da rede social Twitter, no que tamén trasladou que os bombeiros do Eume e os efectivos do GES de Mugardos tiveron que intervir para excarcerar á vítima.

Ademais dos medios sanitarios, acudiron efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta