Extinguido un incendio forestal en Calvos de Randín que afectou en parte ao Parque Natural do Xurés

O lume calcinou unha hectárea de monte raso, segundo as últimas medicións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Os servizos contra incendios extinguiron un lume rexistrado nas últimas horas no municipio ourensán de Calvos de Randín, e que afectou en parte ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, segundo informou a Consellería de Medio Rural.

O incendio tivo lugar na parroquia de Rubiás dos Mixtos, e comezou sobre as 20,30 horas deste mércores, quedando extinguido hora e media máis tarde, despois de calcinar unha hectárea de monte raso (segundo as últimas medicións). Nos labores de extinción participaron un axente, unha brigada e unha motobomba.

A consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 para avisar no caso de que se observe algún incendio forestal. Tamén existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria, o 900 815 085.

Bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Bombeiros das brigadas antiincendios da Xunta de Galicia. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta