Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/05/2014 | Actualizada ás 16:35
O presidente da Xunta non vaciolou este xoves en defender ao arrepentido pola súa pertenza a Resistencia Galega, Xuxo Rodríguez Olveira, xulgado este martes pola Audiencia Nacional. “Que un acusado de actos terroristas manifeste o seu arrepentimento paréceme moi ben. Ese é o camiño adecuado”, dixo.
De feito, Alberto Núñez Feijóo foi máis alá e, entrou directamente, a contestarlle ao organismo anti-repressivo Ceivar ao que acusou a Xurxo Rodríguez de “entrar no jogo da cloaca, da colaboraçom, dos pactos com o demo”. "O que non podo entender é que por iso lle chamen traidor. Non entra no pobo que represento nin representa á inmensa maioría deste pobo. Queixome que haxa quen ría a graza ao que non ten ningunha graza, a un grupo, grupúsculo terrorista de orixe galega. Iso non ten ningunha graza", sinalou.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, condenou o que considera "comportamentos fascistas" e destacou que a Xustiza considera que Resistencia Galega "é unha organización terrorista". “Hai lamentables feitos que así o acreditan e isto únese a que un membro desa presunta organización terrorista está na súa intención atentar contra a sede dos compañeiros do PP de Moaña".
Precisamente, Xurxo Rodríguez mostrou o seu arrepentimento por usar a violencia con fins políticos e recoñeceu que os explosivos cos que foi detido eran para atentar contra o PP de Moaña (Pontevedra).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.