Interceptados dous motoristas que circulaban a máis do dobre da velocidade permitida en Bande

As motocicletas foron interceptadas mentres ían a 159 e 169 quilómetros por hora nunha zona limitada a 70 km/h.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/02/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A Garda Civil interceptou a dúas motociclestas que circulaban a 159 e 169 quilómetros por hora nunha zona limitada a 70 km/h no termo municipal de Bande, o que supón máis do dobre de velocidade permitida nesa vía. Segundo informou o Instituto Armado, uns minutos antes das 19,00 horas deste pasado domingo, o control de velocidade que a Garda Civil do Subsector de Tráfico de Ourense situara nas proximidades da localidade de Maus de Baño, en Bande, na estrada OU-540, que une a cidade de Ourense coa fronteira portuguesa da Magdalena, detectou a un grupo de motocicletas "a elevada velocidade".

Entre elas, as velocidades detectadas polo cinemómetro da Garda Civil ascenderon a 169 kms/h no caso dunha elas, da marca Triumph; e unha velocidade de 159 km/h no dunha Fonda CBR.

O tramo da vía controlado conta cun sinal de velocidade especificada por sinal R-301, de prohibición de circular a máis de 70 kms/h, polo que, aos dous mozos moteiros veciños de Ourense, investígaselles por un delito contra a seguridade viaria. Foron citados para unha comparecencia no Xulgado de Instrución de Bande por estes feitos.

Por eses feitos o Código Penal establece penas de prisión de tres a seis meses ou de multa de seis a 12 meses ou de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil apela á prudencia dos condutores de motocicletas, en especial nesta época do ano na que, "a pesar da tregua meteorolóxica, seguen existindo notables presenzas de xeo ou auga nas marxes viarias, así como irrupcións frecuentes de animais entre a posta e a saída do sol". E lembra a vulnerabilidade que "supón o corpo dun motorista ante calquera sinistro sobrevindo".

A Garda Civil interceptou dúas motocicletas a 159 e 169 quilómetros por hora nunha zona limitada a 70 km/h no municipio de Bande (Ourense).. GARDA CIVIL / Europa Press
A Garda Civil interceptou dúas motocicletas a 159 e 169 quilómetros por hora nunha zona limitada a 70 km/h no municipio de Bande (Ourense).. GARDA CIVIL / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta