Un clube modesto que se moderniza: O Montaos estrea himno propio e videoclip

A SD Montaos foi fundado nos anos 50 e na actualidade compite na Segunda Autonómica Galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/02/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A S.D. Santa Cruz de Montaos, é un equipo modesto de fútbol galego da localidade de Ordes e que na actualidade compite na Segunda Autonómica de Galicia. Foi fundado nos anos 50 e pasou por varias etapas nas que estivo federado e desapareceu oficialmente. Actualmente leva 19 tempadas consecutivas como equipo federado.

Diego Piñeiro, no campo da SD Montaos
Diego Piñeiro, no campo da SD Montaos

Este clube modesto tivo unha iniciativa peculiar, a de ter un himno propio e un videoclip. O pasado domingo 20 de febreiro no descanso do derbi que enfrontaba ao Montaos e o Deixebre estrearon a súa canción.

O Montaos é un clube cunha historia longa e impecable. Aínda manteñen a ilusión de "primeira división" como di a canción, composta polo músico coruñés Diego Piñeiro, que ademais produciu a canción e o videoclip.

"É un club cunha afección que ten unha enerxía tremenda, que aínda que pertenza a Segunda Autonómica Galega, a verdade que a súa afección é un exemplo digno de nomear, por iso merecíase ter un himno propio", di Diego Piñeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta