O Parlamento pide compensacións ao Goberno polas restricións da A-6

Os límites á circulación estarían a dificultar o paso de torres eólicas, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este xoves por unanimidade a Proposición Non de Lei do Grupo Popular que insta o Goberno central a "implicarse" para solucionar o "prexuízo económico", en Ferrol e en toda Galicia, que están a provocar as restricións de circulación para certos transportes especiais no viaduto do Castro da A-6.

Esta situación afecta especialmente, asegurou a portavoz popular de Enerxía, Marta Novoa, ao transporte de pas e torres eólicas que "a día de hoxe séguese negando". "Esta actuación está a impedir o paso de camións con torres eólicas, que non poden circular nin polo viaduto nin polo bypass, nin sequera pola noite cando non practicamente non hai tráfico", sinalou.

"A consecuencia directa é que os produtores, no canto de dar saída ás pezas polo porto de Ferrol, están a facelo polo porto de Santander, cun risco real de deslocalización que afectaría novamente a unha comarca profundamente castigada como a de Ferrolterra, supondo ademais un novo castigo a Galicia propiciado polo Goberno central", explicou.

Novoa demandou que o Executivo central de "unha solución" para "evitar perder ese tráfico comercial e de actividade económica e emprego vinculada á situación económica e industrial que atravesan as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal". A este respecto, a portavoz popular referiuse ao Pacto de Estado por Ferrol, "un pacto que necesita da participación de todas as administracións para, desde a unidade de acción, conseguir fortalecer a competitividade e a reactivación do territorio". Nese contexto, referiuse a a creación da nova Delegación da Xunta en Ferrol, así como ao "impulso" de diversas medidas que suporán máis de 80 millóns de euros en investimentos.

Vista xeral do Parlamento Galego a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Vista xeral do Parlamento Galego a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta