Novas sondaxes vaticinan atomización do voto pola caída de PP e PSOE

Populares e socialistas serían os grandes perdedores dos comicios europeos se se teñen en conta os estudos electorais. A Esquerda, UPyD, L'Esquerra pel Dret a Decidir e Podemos serían os grandes beneficiados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/05/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O PP perdería ata sete escanos con respecto a 2009 e o PSOE ate nove. Eses son os datos doutro novo estudio, o de Sonda Investigación Social, que prevé un ascenso moito maior das formacións minoritarias que o previsto polo resto das enquisas.

Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas
Lidia Senra, candidata ás eleccións europeas | Fonte: Publico

Segundo esta nova sondaxe, respecto dos comicios de fai cinco anos, o PP pasaría de 24 a 17-19 escanos, fronte aos 21-22 que lles concede Sigma Dos/El Mundo, os 20-21 do CIS e os 20 de Metroscopia/El País. O PSOE, que conseguiu 23 europarlamentarios en 2009, caería até os 14-16, fronte aos 17-18 que estima Sigma Dos, aos 18-19 do CIS e aos 19 de Metroscopia.

A Esquerda, con todo, pasaría de 2 a 8-9 actas, unha cifra superior ás 5 que lles outorga Sigma Dos e CIS, mentres que Metroscopia concédelles 7. Podemos obtería 2-3 escanos, fronte ao único eurodeputado que augura Sigma Dos e CIS, pois Metroscopia non lle concede representación.

Outras coalicións tamén sairían beneficiadas na enquisa de Sonda Investigación Social, que entrevistou telefonicamente a 1.995 electores entre o 9 e o 30 de abril, cun erro de mostra do +/- 2,2%.

L'Esquerra pel Dret a Decidir pasaría dun a 2-3 escanos (un ou dous máis que nas anteriores enquisas publicadas); Coalición por Europa, formada por CiU, PNV, Coalición Canaria e Compromiso por Galicia, baixaría de 3 a 1-2 (Sigma Dous e CIS conservan os seus eurodeputados, mentres que Metroscopia réstalle só un); Os Pobos Deciden, formado por BNG e Bildu, obtería 0-1 (Sigma Dous e CIS dano por seguro, mentras que Metroscopia négallo); e Primavera Europea, composta entre outras formacións por Compromís, EQUO e Chunta, lograría 0-1 (só Metroscopia dáballe a posibilidade de mandar a un político a Bruxelas).

Esta enquisa, publicada no xornal Publico, destaca que á dereita, UPyD pasaría de 1 a 4-5 europarlamentarios (2 para Sigma Dous e CIS, 1 para Metroscopia) e Cidadáns obtería 1-2 (ningún para o CIS e un para Sigma Dous e Metroscopia).

As porcentaxes da intención directa de voto de toda a mostra reflicten que o 16,5% dos enquisados absteríanse ao día seguinte de ser consultados, mentres que o 33,7% aínda descoñecía a que partido ía votar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

9 guerreiro uruhai

atomización partidos politicos das clases medias en franca cesantia e recesión semiproletarizadas pola crise e os arranxos da suxa e vil PEPE-$OE, axentes da burguesia e do expañolismo (MONARQUICANOS DE IZQUIERDA UNIDISTA) NON SON COMUNISTAS - son farsantes! sobre todo o ^vieiras, esta xente nin defende a clase traballadores nin as clases populares nin estan pola liberanción nacional da Galiza, O mairo contacontos e o do desprezable vello ¨vieiras o señorito pacego o gran absentistas do parlamentiño galego, o PEDRO MADRUGA DESTE SECULO, asi vai pasar a historia tolomanción vendepatrias, chupacartos dos madriles, virrei da galiza - PEDRO MADRUGA, pero o ¨vieiras non madruga moito de antes tampouco, este foi sempre un nugalleiro un prelliceiro e mais falso ca moeda de xudas... O `VIEIRISMO EN UNIDOSIS DE ius e parte do sistema e a PURGA do sistema constitucionalista expañolento

7 Vieras Dopazo

Que raro está Beiras sen barba e con ese foulard tan fora do tempo!!! Noutras fotos parece moito máis gordo.

1 tanque sheridan

esta inflado a mariscos, mariscadas da fame, ti e mais eu a bocadillos de mortadela e tortilla de patacas pero o vello ¨vieiras dandose a gran vida grazas os inxenuos que aun creen na robolución pendente do vello, esto non esta pensado nin sequera en clave de plebiscito contra as politicas do peperolo, o ´vieirismo e gran traizon contra o pobo, xa non digamos que a campaña este presentada contra a monarquia, ou en defender os intereses da nazon galega, non todo e mamarrachada presenta unha candidata que unha PURGAS de traballadores que merece o desprezo mais grande deste pobo, esta outra señora carme LA ROJA, outra aproveitada outra mais da "bicholandia vermellenta" do vello, ata escaparon deste fraude os de equo... ¨vieiras o meu loro di unha e outr vez ¨VIEIRAS EXPAÑOL, ´vieiras expañol, ¨VIEIRAS EXPAÑOL...

6 JUAS

Silencio que vai facer unhas declaraciones á prensa Lidia Purgas parade de ensaiar Mini e Mero que nos vai explicar por que despediu tanta xente por que esta en contra das vacinas e se vai cobrar so os 1000 euros que deben cobrar os cargos publicos de ANOVA. E votade Tsipras que los nacionalismos son insolidarios

5 Galega de corazón

Falade ben...Lidia Senra a candidata de Izquierda Unida.