Galicia Bilingüe: “Pueblerinos”, “gallegos de mierda”

Foron os insultos que se escoitaron por parte dun grupo de persoas desta asociación contra as doce persoas xulgadas polos altercados nunha marcha en defensa do galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2014 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Eran poucos pero se fixeron oír. “Pueblerinos” ou “gallegos de mierda” foron os insultos que recibiron as 12  doce persoas xulgados polos altercados nunha marcha en defensa do galego, así como outro grupo de persoas que se concentrou diante dos xulgados de Santiago no seu apoio.

Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas
Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas | Fonte: M.V. para ANT

En total eran case un cento os que acudiron a apoiar aos acusados e en repulsa por este proceso baixo a lema "Bandeira: Solidaridade. Com as 12 Persoas Represaliadas por defender ou Galego". Tamén berraron  "Na Galicia en Galego" e "Defender a Lingua non é delito" e cantaron o Himno galego e portaron bandeiras independentistas con aclamacións a favor da Independencia de Galicia. Na protesta tamén estaban presentes membros do Bloque Nacionalista Galego e de Anova, ademais de familiares e amigos.

“Pueblerinos”

Un pouco separado deles un pequeno grupo de membros de Galicia Bilingüe tamén se fixo escoitar berrando contra os enxuizados e acusando aos procesados de "pueblerinos" e "galegos de merda".

Os feitos que se xulgan sucederon o 8 de febreiro do ano 2009, nunha manifestación convocada por Galicia Bilingüe na que se reclamaba poder elixir a lingua de escolarización. A mobilización atopouse coa protesta doutros grupos a favor da defensa do galego, o que derivou nun altercado con carga policial e feridos.

O Ministerio Fiscal pide para os acusados un total de 45 anos de cárcere e máis de 30.000 euros por dano patrimonial por un delito de desorde pública. Todos os inmersos no proceso, menos a única muller acusada, portaron camisetas nas que se podía ler: '#8F: 45 anos. Defender a lingua nom é delito. Na Galiza en Galego!'

Entre os acusados están Roberto Rodríguez,  Bernardo Máiz, Narciso Vázquez, Alejandro Blasco, Antonio Fernández, Xoán Xosé Lorenzo, Xiana Rodríguez,  Aurelio López, Alexandre Ríos, Abraham Alonso, Roberto Conde e Antonio Fernández. Outro dos acusados, Santiago Méndez Rodríguez, foi declarado en situación de rebeldía. Os acusados negaron que participaran nos altercados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

14 Sara

Eu falo o que me pete, que para iso son dona do meu cerebro e lingua!! Eu sempre fun da opinión que cantas máis linguas mellor. Aínda que tamén hai razón en que o galego seguese vendo como a lingua das aldeas e da xente de segunda.. cousa que non logro comprender. Pasear polo centro de Ourense é unha vergonza xa que todos procuran falar castelán, cambias de cidade para outra como Compostela e cambia máis a cousa. Eu dende logo adicaría o tempo a realizar campañas onde a xente por fin vaia sacándose esa lacra de enrriba.

13 Ainara

Tanto Galicia Bilingue coma a tropa esta de gudariños iluminados que petaron a pensionistas métoos no mesmo saco: dos que non queremos en Galicia.

12 Joan

Yo soy de Alicante, hablo valenciano/catalán y quiero que mi lengua y cultura se conserve, que es tanto la "española" como la valenciana. Os animo a seguir defendiendo a la vuestra.

11 Cirilo

Moitos galegos estamos coa xente de Galicia Bilingue. Amamos demasiado a nosa lingua para que uns sinvergonzas a mancillen cos seus propósitos políticos. Os galegos non somos ganado adoctrinado coma os separatas cataláns

1 dxlp

non, ti eres gando adoctrinado pola burrocracia española. Vos defendedes moito a lingua galega, por iso "gallego" aparece no diccionario da rae como un insulto, pero vos tan contentiños con pertencer a un país que vos trata así. Vos non sodes galegos, sodes parvos, de benavente para adiante podiades facer o que vos saia do carallo, pero na nosa terra non. ¡espanhois fora!

2 Adrian

Aquí os dous bandos son igual de fanáticos, e todos pensan que son portadores da verdade suprema. Os extremismos sempre son malos, tanto os separatistas como Galicia "Bilingüe" que de Bi non ten nada.

3 manda carallo

"Moitos"? hahahahahahaha, non me fagas rir, ho.

4 Cilicio

Están locos y enrabietados estos galizos.

5 Anxo

Ven sendo así dende fai moito tempo. Parece ser que se non es independentista es menos galego ca o resto. Logo queixanse de que o estado español nos trata mal cando eles fan o mesmo con nos. Pero bueno, seguide así que o único que vades conseguir e facer que a xente tome o galego como símbolo independentista e non como medio de comunicación entre galegos.

10 xosé manoel

Esperta do teu sono Fogar de Breogán!