Contiúa a venda de viño adulterado: intervidos máis de 14.700 litros nunha empresa de Ourense

Foi no marco da Operación Opson.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

O Seprona da Garda Civil de Ourense, en colaboración co Servizo de Inspección de Defensa contra fraudes e calidade alimentaria da Delegación provincial da Conselleria de Medio Rural, interveu máis de 14.700 litros de viño elaborado con aditivos non autorizados nunha empresa da provincia ourensá.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da 'Operación Opson' axentes procederon durante unha inspección nunha empresa de viños situada en Cambeo, en Coles, á intervención de 14.742 litros de viño.

As mesmas fontes indicaron que constataron a existencia no viño "de produtos enolóxicos e aditivos non autorizados", así como etiquetaxe con variedades de uva "para o que a empresa non estaba autorizada".

A Garda Civil intervén máis de 14.700 litros de viño elaborado con aditivos non autorizados nunha empresa da provincia de Ourense.. GARDA CIVIL
A Garda Civil intervén máis de 14.700 litros de viño elaborado con aditivos non autorizados nunha empresa da provincia de Ourense.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta