Golpe xudicial a DomusVi por impoñer uns horarios de traballo abusivos en Ferrol

Un xulgado declara nulo o calendario laboral, imposto de maneira "ditatorial" pola empresa e que foi denunciado pola CIG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Un dos xulgados do social de Ferrol acaba de ditar unha sentenza na que estima a demanda interposta polo comité de empresa da residencia DomusVi Ferrol, situada no barrio de Esteiro, e declarar nulo o calendario laboral imposto pola dirección ás traballadoras gerocultoras a xornada completa.

O fallo obriga ao centro a negociar coa representación social un novo calendario que respecte os dereitos ao descanso recoñecidos no convenio colectivo. Tras este veredicto, a presidenta do comité, Beatriz Fernández (CIG), detallou que DomusVi impuxo unhas carteleiras para 2022 para o colectivo de xerocultoras "sen acordo co comité".

Segundo a representante sindical, o calendario impugnado nos tribunais "vulnera o dereito ao descanso entre xornadas establecido no convenio colectivo de residencias privadas" e que establece un descanso mínimo semanal dun día e medio sen interrupción que, cando menos, deberá coincidir en domingo unha vez cada catro semanas.

Ademais, Fernández apuntou que esta distribución das xornadas "non se axusta ao número de traballadoras que hai na residencia, provocando unha sobrecarga de traballo inasumible para o persoal e unha diminución na calidade da asistencia aos usuarios". A representante sindical manifestou que o calendario formulado pola dirección suporía para as gerocultoras a xornada completa "traballar en ciclos de 31 semanas sucesivas alternando xornadas de traballo de mañá e de tarde de 7 horas e quendas nocturnas de 10 horas, con días de descanso dispostos de maneira aleatoria e superando a xornada máxima anual establecida no convenio, que está nas 1776 horas".

CONDICIÓNS PRECARIAS

Beatriz Ferández asegurou que decidiron levar este asunto ao xulgado "porque as traballadoras están fartas de aguantar condicións de precariedade e de que, por encima, a empresa non respecte os seus dereitos laborais e salariais". Acusa á dirección do centro de actuar cunha "actitude ditatorial" e solicitan "a intervención inmediata" do departamento de Recursos Humanos do grupo DomusVi para levar a cabo unha negociación que estableza "unhas condicións de traballo dignas". "As traballadoras desta residencia están a soportar unha sobrecarga laboral e un nivel de tensión física e psicolóxica inaceptable", detallou.

A conselleira delegada de DomusVi en España, Josefina Fernández, na súa comparecencia da comisión para a reactivación social e económica do Parlamento de Galicia.
A conselleira delegada de DomusVi en España, Josefina Fernández, na súa comparecencia da comisión para a reactivación social e económica do Parlamento de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta