Xan Jardón deixa a Alcaldía de Vilar de Santos por motivos persoais

Nas últimas municipais, ás que concorreu cunha candidatura indepediente tras pasar por BNG e CxG, obtivo o 84% dos votos.

Por E.P. | | 03/03/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O xa exalcalde de Vilar de Santos Xan Jardón formalizou este xoves a súa renuncia ao cargo que ostentaba desde as eleccións municipais de 2011. Jardón, que fixo efectiva a súa renuncia como primeiro edil deste municipio da comarca da Limia no pleno extraordinario celebrado este xoves, continuará como concelleiro e será sustituído polo actual tenente de alcalde, Antonio Míguez Nogueiras.

O ata este xoves alcalde do municipio ourensán foi un dos candidatos máis votados nas eleccións locais celebradas ao longo da última década. Nas últimas, celebradas en maio de 2019, obtivo o 84,1% dos votos neste concello ourensán de menos de 800 habitantes. Jardón deixa o cargo transcorrida xa máis da metade do seu terceiro mandato como rexedor nunha corporación na que a súa formación, os indepedientes Xuntos por Vilar de Santos, copa os sete asentos do pleno municipal.

Chegou na Alcaldía tras as eleccións municipais de 2011 como cabeza de lista do BNG, formación da que foi portavoz na Deputación de Ourense e que abandonou en outubro 2012 en plena crise da formación frontista. Retivo o bastón de mando catro anos máis tarde, en 2015, agora baixo o paraugas de Compromiso por Galicia (CxG) e de novo arrasando nas urnas.

En 2016 distanciouse de CxG e manifestou o seu apoio ao proxecto de confluencia En Marea de cara ás autonómicas de setembro dese mesmo ano, nas que a lista encabezada por Luís Villares foi a máis votada en Vilar de Santos. Nas últimas municipais fundou o seu propio proxecto político, a lista independente Xuntos por Vilar de Santos, que volveu arrasar nas urnas facendo de Jardón un dos alcaldes con maior respaldo de toda España.

O novo rexedor asumirá o cargo o vindeiro sábado nun pleno que arrincará ás 12,00 horas.

Xan Jardón. CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Xan Jardón. CONCELLO DE VILAR DE SANTOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta