Rueda amósame "disposto" a suceder a Feijóo como presidente da Xunta

"Todo o mundo está a disposición do que lle toque facer e eu aí non vou ser a excepción", valorou o Vicepresidente primeiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, non quixo revelar se será el o que suceda ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, no caso de que este termine sendo elixido como o presidente do Partido Popular a nivel nacional, pero indicou que está a disposición do que "lle toque facer".

"Eu e o resto das persoas do Goberno e as persoas das que se está falando, creo que todo o mundo está a disposición do que lle toque facer e eu aí non vou ser a excepción", indicou en declaracións aos medios antes de participar nun acto este venres en Vigo. Alfonso Rueda explicou que é Feijóo "o que marca os tempos" e haberá que esperar a ver que ocorre o próximo mes de abril, cando o PP elixa ao seu novo presidente nacional.

Preguntado sobre se a nivel persoal aceptaría presidir a Xunta se así llo propuxesen, Rueda indicou que polo momento "non tivo ese ofrecemento" e non quixo "falar de hipótese". "Bastante teño co meu traballo do día a día e coas responsabilidades que teño agora", destacou.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa da Administración autonómica. DAVID CABEZÓN
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa da Administración autonómica. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta