O desabastecemento pola guerra ucraína chegará ao agro galego "nun ou dous meses"

Unións Agrarias alerta da futura escaseza de millo e penso se non se procuran mercados alternativas. Chama aos gandeiros a facer acopio de materiais mentres sexa posible.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2022 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

Unións Agrarias alertou do posible desabastecemento de millo e penso nun ou dous meses debido á guerra en Ucraína, polo que propoñen que se exploren outros mercados para evitar carencias na subministración destes artigos e o seu impacto no sector agrogandeiro. Este martes, o secretario xeral de UUAA, Roberto García, avisou que o desabastecemento "si pode ser un problema en dous meses, se non houbese outra alternativa crearía un problema a curto prazo" que, ao seu xuízo, debe partir das autoridades comunitarias.

"A Unión Europea ten que reformular determinadas prácticas ambientais que ían ligadas á actual PAC", incidiu García, que cre que o contexto actual dificulta a posta en práctica de medidas incluídas na nova estratexia para o sector. "Probablemente non podamos manter terras abandonadas cando temos a necesidade de producir millo ou cereais", apostilou.

Tamén sostén que "hai que reformular a produción de enerxías alternativas, tanto de eólicas ou de biocombustible". "Isto debería de servir para cambiar o modelo de cara ao futuro", apuntou. Roberto García resaltou que o sector agrario está preocupado ante un problema "que xa vén de atrás" como é "o incremento brutal que se produciu en canto aos custos de produción tanto na alimentación do gando como da enerxía".

Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Irpin (Ucraína). O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia nalgunhas das súas cidades, como Irpin e Kiev, onde se recrudecen os. Diego Herrera - Europa Press
Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Irpin (Ucraína). O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia nalgunhas das súas cidades, como Irpin e Kiev, onde se recrudecen os. Diego Herrera - Europa Press | Fonte: Europa Press

ACOPIO

Así, advertiu que "vén agora un momento" no que será preciso que os produtores realicen "provisión de abonos, de fertilizantes e de plásticos para ensilar". "Vemos como todo ese incremento brutal non se vai a trasladar ao prezo dos tenreiros, nin do leite. A situación é realmente dramática, ao que sumamos unha incerteza que se xera coa guerra en Ucraína que é o celeiro de Europa", subliñou.

"Neste momento non hai un problema de abastecemento porque hai almacenamento para catro ou oito semanas, pero se non se buscan outros mercados alternativos en Arxentina ou en Estados Unidos vai haber a especulación pertinente e un incremento a maiores dos custos", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta