O comité de XEAL acusa a empresa de "agravar o desmantelamento da fábrica" coa parada dun forno

Trátase do único forno operativo na fábrica de Cee.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/03/2022 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O comité de XEAL denunciou a decisión da empresa de parar o forno 14, o único que estaba operativo na fábrica de Cee, "cando máis beneficios está a obter a conta do elevado prezo da electricidade". Nun comunicado remitido aos medios, o comité asegura que a decisión foi tomada sen comunicarllo á representación do persoal e sen achegar ningunha data prevista para volver arrincar a produción.

"Esta medida agrava o desmantelamento progresivo que as fábricas de ferroaleacións están a sufrir desde que hai máis de dous anos FerroGlobe e TPG-Ithaka tramaron o proceso de compra-venda", sinala. Ademais, incide en que a decisión de suspender a produción no forno 14 prodúcese "nun momento no que o custo da electricidade alcanza prezos históricos". "É dicir, XEAL para a fabricación nos fornos mentres obtén beneficios millonarios grazas á produción de electricidade xerada nas nosas centrais hidroeléctricas", denuncia o comité.

Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro
Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro | Fonte: Comité de empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta