Feijóo xustifica agora o pacto con Vox e responsabiliza ao PSOE: "Era iso ou ir a novas eleccións"

Hai uns días describía como "paleolíticas" as políticas da ultradereita. Critica ao PSOE por non apoiar "a lista máis votada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2022 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O pacto de goberno entre o PP e Vox en Castela e León rompeu por completo a estratexia de "moderación" que pretendía implementar o presidente da Xunta e aspirante a presidir o PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, no seu Partido Popular. Por iso, tivo que tragar cun acordo e tentar xustificalo dincindo que era iso "ou ir a novas eleccións".

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comparece na sede nacional do PP para entregar os avais necesarios para formalizar a súa candidatura, na rúa Xénova, a 9 de marzo de 2022, en Madrid (España). Feijoo formaliza o seu candidat. A. Pérez Meca - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comparece na sede nacional do PP para entregar os avais necesarios para formalizar a súa candidatura, na rúa Xénova, a 9 de marzo de 2022, en Madrid (España). Feijoo formaliza o seu candidat. A. Pérez Meca - Europa Press

Ademais, culpou ao PSOE de dar a elixir ao PP en Castela e León entre pactar con Vox para dar "estabilidade" ao goberno nesa comunidade ou repetir as eleccións. En todo caso, Feijóo suliñou que era unha decisión "indelegable" de Alfonso Fernández Mañueco que el respecta.

Na súa intervención, o aínda presidente da Xunta, que con toda seguridade será proclamado líder do PP no congreso extraordinario do partido en Sevilla os próximos 1 e 2 de abril, dixo que hai menos de 24 horas que presentou a súa candidatura para ese cargo e comprometeuse a que en canto sexa presente do PP dará "todas as explicacións do que decida" o seu partido, mentres que como "candidato", insistiu, respecta a decisión de Fernández Mañueco de pactar con VOX.

"Polo que sabemos Mañueco evitou un adianto electoral na Junta" nun momento, destacou, de "crise nacional e internacional", algo que é "perfectamente lexítimo" por parte de Fernández Mañueco, "que é a quen corresponde tomar as decisións". Na súa opinión, ademais, o PSOE perdeu a "lexitimidade" para falar de pactos unha vez que levou ao PP "a decidir entre Vox ou eleccións anticipadas", dixo en alusión a unha nova convocatoria electoral, tras o que censurou que os socialistas se tomasen de broma a gobernabilidade de Castela e León".

REPONSABILIZA AO PSOE

"Hai unha responsabilidade e cando uno non quere exercela tenta responsablizar a outros", dixo sobre o PSOE e a súa negativa a apoiar que gobernase Mañueco en solitario e que puidese chegar a diferentes acordos ao longo da lexislatura coas distintas forzas da Cortes autonómicas.

Núñez Feijóo recomendou ao PSOE que sexa "un pouco prudente" sobre pactos con outras forzas ao cuestionar a alianza do PP con VOX en Castela e León, xa que gobernan "coa extrema esquerda populista española e apóiase no independentismo vasco e catalán".

IMAXE DE MODERACIÓN

En todo caso, e cuestionado sobre porque non permitiu ao PSOE gobernar cando gañou as eleccións en Castela e León, Madrid ou Andalucía ou a cidade de Ourense ao ser a lista máis votada, Feijóo preferiu lembrar que tamén foi a lista máis votada na maior parte das deputacións galegas ou en cidades como Ferrol e, ao final, non gobernou.

Ademais esquivou a pregunta de si este pacto danará a súa imaxe de "moderación" e ante as críticas de distintos partidos que o responsabilizan a el de que permita que a ultradereita entre nun goberno en España, asegurou que é "obxecto de non razoables, nin ponderables" antes de presidir o partido, algo ao que dixo que xa está "afeito".

Hai apenas dous días que Núñez Feijóo cualificaba de "absolutamente paleolítico" que houbese partidos que cuestionasen a igualdade, nunha clara alusión a Vox, e este xoves dixo que mantén "todas e cada unha das afirmacións" sobre igualdade que fixo no últimos trece anos como presidente galego.

PNV

O portavoz parlamentario do PNV, Aitor Estan, considera "un gravísimo erro" que o PP "lexitime" a un partido " antisistema e antidemocrático" como Vox ao pactar con el a gobernabilidade de Castela e León e cuestiona o "cambio" que Alberto Núñez Feijóo ía traer ao primeiro partido da oposición.

Esteban cre que é "unha malísima noticia" para a democracia que PP e Vox chegasen a un acordo de goberno en Castela e León e mostrouse especialmente "decepcionado" co cambio ao que se ía a asistir coa chegada de Feijóo a Génova. "Se este é o cambio que ía traer Feijóo, mal imos, porque o primeiro que fai é lexitimar e dar máis cancha a Vox, que quere eliminar a presenza política doutros partidos que si son democráticos", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MEDULIO

Agora veredes a verdadeira faciana do amigo de Marcial. Dádelle tempo e agromará o verdadeiro Feijoo, o amigo de Abascal. É o home das amizades perigosas...