Detido un leonés por tráfico de drogas logo dun aviso desde EE.UU sobre un paquete enviado de Colombia a Galicia

Nesa comunicación, infórmase de que autoridades do HIS de Miami interceptaron un envío postal remitido desde Colombia, con destino á localidade do Barco de Valdeorras que contén unha cantidade considerable de cocaína.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Detido un home de 53 anos, con domicilio en Bembibre, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e outro de usurpación de estado civil. A operación foi desenvolvida polo Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, e a Unidade de Operativa de Vixilancia Audanera da Axencia Tributaria en Ourense, en colaboración coa Fiscalía Antidroga.

A investigación iníciase no mes de febreiro cando a Subdirección Xeral de Operacións de Vixilancia Aduaneira do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais de Madrid da Axencia Tributaria en Madrid recibe unha comunicación trasladada polo Homeland Security Investigacions (HIS), do Departamento de Seguridade Nacional de Estados Unidos.

Nesa comunicación, infórmase de que autoridades do HIS de Miami interceptaron un envío postal remitido desde Colombia, con destino á localidade do Barco de Valdeorras que contén unha cantidade considerable de cocaína.

Desta maneira, a Unidade de Vixilancia Aduaneira de Ourense en colaboración co EDOA da Garda Civil de Ourense iniciaron as investigacións en torno ao posible destinatario do envío e solicitan unha entrega vixiada ao Xulgado de Instrución do Barco de Valdeorras.

Realizáronse varias xestións para a identificación do posible receptor real do paquete, ao comprobarse que a identidade consignada como destinatario correspondíase cun veciño de Albacete, ao que non lle figuraba a máis mínima vinculación coa localidade do Barco de Valdeorras, o que en principio descarta a súa implicación nos feitos e tamén dificultou a investigación ao redor da identidade real do destinatario da sustancia estupefaciente.

ENTREGA CONTROLADA

Unha vez obtida a pertinente autorización para a entrega controlada do paquete postal, volveu ao circuíto de paquetería e unha persoa contacta coa empresa de repartición e designa un punto fixo de recollida nun establecemento comercial situado no Barco de Valdeorras.

Tras realizar varios operativos de vixilancia, os axentes observan o día como un individuo entra ao local e sae portando o paquete que supostamente contiña a droga, e unha copia do xustificante de entrega asinado, no que figura unha copia dun DNI a nome do suposto destinatario e unha autorización para a recollida. Nese momento produciuse a detención.

Unha vez examinado o paquete, obsérvase que a droga estaba repartida en cinco paquetes con envoltorio metálico ocultos na armazón dun neceser baleiro, cun peso de 570 gramos. O detido pasou a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número dous do Barco de Valdeorras, que decretou o seu ingreso en prisión.

Detido un veciño de León por tráfico de drogas. GARDA CIVIL OURENSE
Detido un veciño de León por tráfico de drogas. GARDA CIVIL OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta