Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2022 | Actualizada ás 18:34
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou as "oportunidades" que supón para Galicia a aprobación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do Sector Naval, igual que dos Perte para outros sectores. Trasladouno, en declaracións aos medios, despois de que o Consello de Ministros deste martes aprobase este novo Perte que contará cun investimento de 1.460 millóns de euros, dos que 310 millóns procederán do sector público, segundo anunciou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
"É unha oportunidade máis", esgrimiu Miñones, antes de ratificar que "Navantia ten moito que dicir", e de aludir a que haberá liñas de financiamento para proxectos "estratéxicos" dos estaleiros públicos de Ferrolterra. "Hai que aproveitar estas oportunidades. É o ano de Galicia", manifestou Miñones, antes de referirse ás dificultades económicas que sofren varios sectores agravadas polo impacto da invasión rusa en Ucraína.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.