"Risoterapia feminista": as claves do novo obradoiro organizado polo Concello de Santiago

A proposta manterase aos centros do rural compostelá até o 4 de maio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2022 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

"Que farta de rir". Así se titula o obradoiro de "risoterapia" feminista organizado polo Concello de Santiago que chegará aos centros socioculturais da contorna da cidade compostelá dende este mércores 16 até o vindeiro 4 de maio. A iniciativa vén organizada polas concellerías de Igualdade e de Medio Rural e está dirixido principalmente ás mulleres que acoden aos CSC do rural de Compostela.

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo

O obxectivo de tal proposta, apuntan dende o Concello, é que as participantes "conecten coa súa nena interior a través de xogos, dinámicas de expresión corporal, danza e técnicas que evocan a risa, así como con técnicas de respiración e relaxación. O obxectivo é brindar ás mulleres que asistan, un espazo onde aprender a coidarse e a empregar o humor como mecanismo de regulación emocional ante diferentes situacións cotiás", inciden.

"Contribúese deste xeito ao empoderamento, así como á independencia e autocoidado de todas as participantes, o que redunda nunha mellora da súa calidade de vida", engaden dende o consistorio a respecto duns obradoiros que terán lugar nos centrosde Lavacolla, Laraño, A Peregrina, Bornais, Figueiras, Santa Cristina de Fecha, Busto, A Gracia, Marantes e Nemenzo. Cada obradoiro ofrece 15 prazas, que se poden reservar in situ ou na web do Concello.

"RISOTERAPIA FEMINISTA"

O consistorio aclara brevemente o fundamento da terapia apuntada nos termos que seguen: "a risoterapia é unha ferramenta de sanación mediante a risa que contribúe a regular as emocións e pensamentos de xeito positivo e funcional, repercutindo positivamente no corpo e no benestar psicolóxico. Ademais, axuda a mellorar a autoestima e superar medos como o temor a coñecer xente nova ou facer o ridículo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta