O sector da beleza reclama cunha protesta diante da sede do PSOE en Santiago a restitución do IVE reducido

Alertan de que de aquí a verán van pechar o 20% das barbarías en España.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/03/2022 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Unhas 60 persoas da asociación 'Crer en Nós', do sector da imaxe persoal, manifestáronse este luns fronte á sede do PSOE en Santiago para esixir a restitución do IVE reducido, 10%, na próxima reforma fiscal. A portavoz desta plataforma, Ángeles Salgueiro, explicou que "unha vez máis" e despois de 400 concentracións nun ano e medio, seguen reclamando o que é seu: a restitución do IVE ao 10%.

Protesta de persoas do sector da beleza diante da sede do PSOE en Santiago.
Protesta de persoas do sector da beleza diante da sede do PSOE en Santiago. | Fonte: Europa Press

Salgueiro comentou que non piden que lles baixen o IVE, senón recuperar aquilo que lles quitaron "de forma temporal" en 2012, cando tributaban a un 8%, e que "aínda" seguen mantendo

"Xa é insoportable", resolveu a portavoz, para engadir que primeiro foi a pandemia, que fixo que a facturación se reducise á metade coas limitacións de capacidade, e que agora son as facturas da luz que se triplicaron nos últimos meses.

O portavoz da plataforma en Santiago de Compostela, Agustín Raña, sostivo que os salóns "se van arruinar" e que de aquí a verán o 20% das barbarías van pechar, tanto a nivel autonómico como estatal.

Ademais, Raña alertou de que se perderon 50.000 postos de traballo, que nun ano e medio pecharon o 40% dos salóns, 38% no ámbito galego, e que as barbarías que antes tiñan entre cinco e seis traballadores agora quedáronse nun ou "como moito dous".

"Parece ser que hai un Goberno que non escoita o pobo", resolveu Salgueiro. Ademais, mencionou que a plataforma fixo chegar a súa protesta ata o Senado e o Congreso, e que agora está no Tribunal Constitucional "admitido a trámite".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta