Feijóo só falará con Sánchez se cambia a súa política económica

Ve "impropio" pactar "decisións xa publicadas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu ao Goberno que dirixe Pedro Sánchez de que é "impropio" tentar pactar "decisións xa publicadas no BOE (Boletín Oficial do Estado)", aínda que insistiu en que o PP estudará o decreto lei coa medidas fronte á alza de prezos.

En todo caso, tras incidir na "moi mala noticia" que supón para familias, traballadores e empresas que a inflación en España estea "a bordear o 10%", rexeitou "enganar" aos españois e cinguir "o problema" ao impacto da guerra de Ucraína.

Así, argumentou que a inflación está na contorna dun 40% máis que na UE, o que evidencia, ao seu modo de ver, que as políticas económicas e de gasto en España "non funcionan". Por iso, ante unha situación "alarmante" e "dramática", advertiu de que o Goberno debe "emendar" as súas políticas económicas e de gasto se quere favorecer un diálogo cos populares.

"Espero e desexo que o Goberno vaia cambiando de políticas económicas e de gasto. Se as cambia, poderemos empezar a falar. Se expón que isto é un problema da guerra e que se soluciona con medidas decididas unilateralmente e xa publicadas no BOE, comprenderá que non nos pon as cousas fáciles", aseverou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posteiror ao Consello, celebrado en Pontevedra. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posteiror ao Consello, celebrado en Pontevedra. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta