A dimisión do alcalde de Corcubión, pendente dun caso como o de Santiago

O rexedor agardará o que ditamine a xustiza tras a actuación dun edil que pagou a seu defensa.

Por Galicia Confidencial | Corcubión | 10/06/2014 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

"Está claro que reitero o que manifesta o tenente de alcalde, o meu apoio total. Conta co meu apoio incondicional desde ese punto de vista. Se sae mal parado, o alcalde tamén, se el ten algún problema, o alcalde dimitirá con el". Son as palabras do alcalde de Corcubión (A Coruña), o socialista Francisco Javier Lema, en alusión ao tenente de alcalde, Manuel Insua, imputado polo Xulgado de Instrución Número 2 desta localidade por autorizar o pago con fondos municipais da defensa do rexedor nun proceso xudicial.

Francisco Javier Lema, alcalde de Corcubión
Francisco Javier Lema, alcalde de Corcubión | Fonte: QPC

"Fixémolo a conciencia pero se a Fiscalía ve indicio de delito de verdade que non sabemos como facer ben as cousas. Entón collemos e marchamos", continuou Lema, que descartou que este caso sexa igual que o de Santiago, onde nove edís foron condenados por prevaricación por avalar o pago da defensa con fondos públicos dun compañeiro imputado na Operación Pokemon.

Decisión técnica

Tal e como fixeran os edís de Santiago, o rexedor argumentou que nas oficinas técnicas dixéronlles que se podía realizar o procedemento tal e como se fixo, e que consistiu en que Insua asinou un decreto para autorizar o pago de algo máis de dous mil euros ao letrado que defende ao alcalde dunha querela por acoso laboral que lle interpuxo o electricista do Concello.

“Queriamos facer ben as cousas e así o fixemos en todos os procesos, e despois de todo o esforzo que facemos, que teñamos que pasar por estas cuestións, é que algo non vai ben", dixo ao lembrar que os concelleiros en Corcubión non cobran e que, cando chegaron ao goberno en 2003, fixaron en seis euros a asistencia a órganos colexiados.

"Non entendemos o que está a pasar. Estamos aquí por principios, porque intervir en política era dinamizar as cuestións do pobo", aseverou, pero temas como este quítanche o ánimo de seguir nesta situación", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 censuraNon

Punto positivo para GC que faise eco de novas deste tipo na Costa da Morte cando en medios coma quepasanacosta radicados aló nem mención fan do asunto(¿sesgo informativo?¿intereses? ou demasiada carga de traballo coa Copa da Costa?)sempre é bo que as entraňas da política saían na prensa e que ninguén se,amedrente por sinalar a quen malgasta erario público e é xulgado por tal. Santiago sentou un bo precedente.

1 Sihomesi...!

Tampouco di GC que o caso polo que foi acusado o alcalde foi arquivado e polo tanto a lexislación permite que o Concello pague os 2000 € do letrado.

2 Simullersi...!

Si home si, Que nos vas convencer e todo! A prevaricación existe antes de que soubera que podía pagar, cando toma o acordo.Non creo que o fiscal sexa tan parvo, como para non saber si se comete delito ou non.

3 Sihomesi...!

Si muller si, Que nos vas convencer e todo! A prevaricación existe cando o di o xuíz,non por que o digas ti, e neste caso vai dicir que non por actuar de boa fé amparado polo informe xurídico. Non creo que o fiscal sexa tan parvo, como para non saber si se comete delito ou non.

4 chachan

¿Onde lle vedes a boa fe? Enésimo capítulo dun xuízo perdido, pero ao concello sobranlle cartos para apoiar ás veleidades do seu xerente.

1 demisión xa!

Muitas verbas misturadas para dicir o evidente:meteron a man no cazo pra beneficio propio. A dimisión sería o último é único acto Noble desta corporación.

1 JoséR

¿Meter la mano en el cazo es trabajar gratuitamente para el ayuntamiento desde el año 2003?

2 siquesi

Meter a man no cazo é ROUBAR que parece é que estima o xuíz. A Palabra gratuito non che queda moi ben no teu comentario, e traballar se te refires a ista corporación...buscaría outra palabra...facer que traballan, xusto do q acusan ó electricista,outra causa ademais da OP. Orquesta.Para presumir de corporación...