Un descubrimento único en Lalín

Esta fin de semana tivose constancia dun descubrimento que pode modificar toda a historiografía galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/07/2007 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Tal e como figura neste video, as excavacións de urxencia das obras do AVE en Lalín no castro pequeno de Bendaña sacaron á luz o que pode ser a primeira relación da época castrexa co mundo funerario; un asunto que, ata o de agora, era inadcesible para os arqueólogos.

Neste video pódense ver unhas gabias, de función descoñecida, aínda que na reportaxe se di que son enterramentos da época de ferro. Os enterramentos estarían noutra parte da zona excavada, tal e como figura na primeira foto que aparecen no weblog de Manuel Gago, autor deste video.

Tanto a función das gabias, como a distribución das áreas funerarias e o contido atopado nelas, é todo un misterio que os arqueólogos terán que dilucidar. En todo caso, achádegos coma éstes abren novas vías de investigación para a historiografía galega que poden ser completados coas investigacións do Castro do Neixón e con outros que se están a facer de urxencia, tamén por mor doutras infraestructuras viarias.

Dende Galicia Confidencial instamos ás autoridades a que non fagan o mesmo que aconteceu co círculo lítico da Moureira para que este novo achado, único en Galicia e na península ibérica, sexa borrado do mapa por mor das obras do AVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

11 Crítico

Di Roque: "Dende logo, comentarios coma o teu o que fan é animar ós animais de Fomento a que pasen trens, carreteras e todo o que se lle antoxe por riba de monumentos milenarios."

¿Non será máis ben que o feito de que se fagan estradas, e liñas ferroviarias, axuda a que se realicen excavacións? Se non é por Fomento e pola Xunta a ver de que comían os arqueólogos.

Por outra parte, a min paréceme que hai moito ruido e poucas noces nestes descubrementos arqueolóxicos.

10 Botana

ó final, sendo en Lalín, cando se fagan mais excavacións van sair os tubos metalicos de Cuiña.

Bo cambio da historiografia galega.

Gustaríame ter unha vista aérea do achadego xa que polo visto no video, a liña que vai e volve debe ter forma fálica...

9 Xandokas

..ou é un Expediente X, ou son as cunetas do Ave, ou é o alcantarillado dos veciños, ... pero de tumbas ... nada de nada! (jijiji...)

8 o moinante

Pois se foi o BNG, Remixio, nom por esso deixa de ser umha monstruosidade o Círculo Lítico. Ah!, e já aclarei que nom sei de Arqueologia, só lim opinions. E penso que todo resto de anteriores culturas deve-se conservar.Nós, nom somos ninguém para sustraer a generações futuras da sua existência.

7 Miluka

Será todo o im-presionante que queiradas pero o video pareceme o do "proxecto da Bruja de Blair"