Noel, nova promesa do Deportivo: "Para o ano que vén véxome coa camiseta do Depor"

O xogador de Silleda deu o salto ao primeiro equipo do Deportivo este ano e aínda non renovou o seu contrato.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/03/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Un dos xogadores con maior proxección da canteira do Deportivo, Noel López, que esta tempada deu o salto ao primeiro equipo branquiazul e aínda non renovou o seu contrato, deu esperanza ao club no que se formou ao valorar como ve o futuro, xa que asegurou que é o "club da súa vida" e que se ve coa mesma camiseta o próximo curso.

Noel celebrando un gol este ano xunto ao seu compañeiro Trilli
Noel celebrando un gol este ano xunto ao seu compañeiro Trilli | Fonte: Deportivo da Coruña

"A renovación é un tema que levan os meus axentes co club. Eu estou a pensar en poder lograr o obxectivo co grupo (o ascenso a LaLiga Smartbank) e non estou centrado noutra cousa. O máis importante agora é estar co grupo, non descentrarme desa dinámica. A renovación non é algo que teña que solucionarme agora", indicou na súa comparecencia.

O mozo xogador galego recoñeceu que "o Depor é o club da súa vida", mostrouse "contento e moi integrado" na entidade branquiazul e, tras un lapsus que tivo que aclarar ao non escoitar ben a pregunta, admitiu que se ve coa camiseta do conxunto coruñés o ano que vén.

"Non se debería responder, pero si, diríache que si", precisou o dianteiro, quen non entrou a detallar por que non se asinou por agora o contrato. Respecto a súa participación no primeiro equipo, ao que chegou tras proclamarse campión de España xuvenil o pasado verán como deportivista, dixo que respecta as "decisións do adestrador", con quen mantén "boa relación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta