Buscan desde o venres a un octoxenario desaparecido en Boborás

O home de 81 anos cando desapareceu levaba un xersei pero non roupa de abrigo e a primeira noite ausente as temperaturas descenderon a cinco graos baixo cero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Garda Civil, xunto con outros efectivos e voluntarios, retomou na mañá deste luns a procura do octoxenario desaparecido desde o venres no municipio ourensán de Boborás.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, ás 10,00 horas deste martes está previsto un novo rastrexo na zona da desaparición, na que, ademais de axentes da Benemérita, participarán voluntarios de Protección Civil, veciños, cazadores da zona con cans e está previsto de novo tamén a colaboración de drones da Axega.

As mesmas fontes puntualizaron que durante os dous últimos días sobrevoou a zona un helicóptero da Garda Civil que, salvo animais, non viu movemento pola zona. O home de 81 anos cando desapareceu levaba un xersei pero non roupa de abrigo e a primeira noite ausente as temperaturas descenderon a cinco graos baixo cero.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta