Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 14:01
A Deputación da Coruña estreará o 23 de abril a peza de teatro experimental 'Tribunal', desenvolvida durante o laboratorio LabCareixa, organizado pola área de Cultura da institución provincial. Esta peza, creada polo cinco artitas residentes, parte da obra 'El paseo de las esfinges' da dramaturga coruñesa Luisa Villalta.
O proxecto LabCareixa foi concibido como un laboratorio de teatro experimental e artes visuais que, a través dun novo proceso de experimentación, formación e creación artística colectivo, creou unha peza escénica, de natureza performática, explica a institución provincial.
Para a estrea no Pazo de Mariñán, en Bergondo, programáronse dous pases, un ás 12,00 horas, e outro ás 13,30 horas, previa reserva de praza para unha peza que aborda as imposicións de xénero, a reconstrución da identidade e os xuízos establecidos por figuras de poder, entre outros aspectos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.