Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 18:56
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil iniciou unha investigación para coñecer a procedencia dunha vertedura branca achado este luns en varias praias da ría de Arousa. Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, axentes do Seprona se personaron nos areais para tomar mostras despois de ter coñecemento da aparición duns anacos solidificados e de cor branca.
Será o transcurso da investigación e das preceptivas análises os que determinen a orixe desta sustancia que non sería a primeira vez aparece nas praias arousás. Nunha ocasión a conserveira Jealsa foi sinalada pola Fiscalía de Medio Ambiente a raíz dunha circunstancia semellante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.