O prazo para inscribirse nas probas para xestor de transporte de viaxeiros ou mercadorías abre este xoves

Os exames constarán dunha proba teórica e doutra práctica, cada unha dunha hora de duración que se realizarán de forma continuada, segundo detalla a Xunta nun comunicado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Este xoves quedará aberto o primeiro prazo para inscribirse nas probas para exercer como xestor de transporte de viaxeiros ou mercadorías por estradas.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde da convocatoria, a primeira desta modalidade de probas desde a entrada en vigor da modificación do formato de realización deste exame que estableceu o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Os exames constarán dunha proba teórica e doutra práctica, cada unha dunha hora de duración que se realizarán de forma continuada, segundo detalla a Xunta nun comunicado.

As probas efectuaranse en computador a través dun cuestionario que será individualizado para cada aspirante. Estarán abertos dous períodos de inscrición: un do 14 de abril ao 2 de maio, e un segundo desde o 3 de maio ao 1 de setembro. Os exames levarán a cabo entre o 18 de maio e o 31 de xullo, e entre o 1 de outubro e o 31 de decembro.

Camións para o transporte de mercadorías.
Camións para o transporte de mercadorías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta