Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2022 | Actualizada ás 13:30
Un incendio orixinado no forno da cociña dunha vivenda do concello coruñés da Laracha obrigou a trasladar a unha muller tras inhalar po dun extintor.
Sobre as 23,00 horas deste venres o 112 Galicia recibía o aviso dun incendio na rúa José Manuel Ferreira Penedo, cando un particular contactou coa central de emerxencias para informar os feitos.
De inmediato, segundo trasladou o 112 Galicia, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) deron aviso aos Bombeiros de Carballo, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.
Así mesmo, comunicou que a vivenda resultou completamente afectada o fume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.