Oito empresas e profesionais incorpóranse a CIBER.gal para a defensa ante ciberataques

E stá previsto que CIBER.gal poña en marcha no próximos tres meses máis de 20 actividades dirixidas ao tecido empresarial de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2022 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A Xunta incorpora oito novas empresas e profesionais ao Nodo galego de ciberseguridade CIBER.GAL e suma así á defensa ante ciberataques a máis de 30 integrantes neste espazo de colaboración procedentes do sector privado.

O Nodo, promovido pola administración autonómica, integra a todas as administracións públicas e aos organismos de referencia en España: o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), dependente do Ministerio de Defensa, e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), integrado no Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ademais de empresas e outros profesionais.

Nun comunicado, a Xunta explicou que as empresas e profesionais que forman parte de CIBER.gal son maioritariamente do sector tecnolóxico, así como doutros ámbitos como a investigación e o coñecemento, o sector normativo e de cumprimento, e de compañías con importantes estruturas de ciberseguridade de sectores como as finanzas ou a produción de madeiras.

FORMACIÓN PARA EMPRESAS

Así mesmo, está previsto que CIBER.gal poña en marcha no próximos tres meses máis de 20 actividades dirixidas ao tecido empresarial de Galicia. Segundo detallou a Xunta, estas actividades pon o foco na concienciación, sensibilización e formación das persoas profesionais de Galicia co obxectivo de lograr "unha óptima cultura de ciberseguridade nas organizacións".

Neste sentido, a primeira destas actividades desenvolveranse en dúas sesións, o 27 de abril e o 3 de maio, coordinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa colaboración de Altia. Tratará sobre a seguridade dos datos e estará dirixida a todas as persoas profesionais responsables do seu tratamento.

Os participantes recibirán información sobre como protexer os datos de clientes, provedores, da propia organización, e recibirán formación para reaccionar e actuar se ocorre unha brecha de seguridade.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta