Ribadavia 59ª Feira do Viño do Ribeiro despois da celebración virtual de 2021

A feira terá lugar os días 29, 30 de abril e 1 de maio. A inauguración celebrarase o 29 de abril ás 20,00 horas. Ademais, explicou Casares, este ano recuperan "o formato habitual tras un de transición vía virtual" que empregaran en 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2022 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Ribadavia acollerá do 29 de abril ao 1 de maio a 59 edición da Feira do Viño do Ribeiro, tras a celebración virtual levada a cabo en 2021 pola pandemia da Covid-19. Para presentar a nova edición presencial da feira, varios membros do Concello de Ribadavia  e do Consello Regulador de Denominación de Orixe do Ribeiro desprazáronse este mércores a Santiago de Compostela.

Os asistentes foron o presidente do Consello Regulador de Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara; o concelleiro, ademais de antigo alcalde, de Ribadavia e responsable da 'Feira do Viño', José Ignacio Gómez; e a concelleira de Turismo de Ribadavia, Cristina Otero.

No acto, tamén participou o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, que destacou a "actividade económica, emprego e calidade de vida" que xera o viño do Ribeiro. Pola súa banda, a rexedora de Ribadavia, Noelia Rodríguez Travieso, non puido asistir á rolda de prensa por un problema persoal.

Juan Manuel Casares mostrouse agradecido coa oportunidade de poder promocionar a feira en Santiago. O presidente do Consello Regulador afirmou que Santiago "forma parte íntima da historia do Ribeiro".

VOLTA Á NORMALIDADE

A feira terá lugar os días 29, 30 de abril e 1 de maio. A inauguración celebrarase o 29 de abril ás 20,00 horas. Ademais, explicou Casares, este ano recuperan "o formato habitual tras un de transición vía virtual" que empregaran en 2021.

Por outra banda, José Ignacio Gómez presentou o programa para a feira que vai recuperar " a vida do pobo". A planificación conta con 34 expositores de viño, actuacións musicais e unha cata extraordinaria organizada polo Consello Regulador de Denominación de Orixe do Ribeiro.

Presentación no Concello de Santiago da 59 edición da Feira do Viño do Ribeiro.
Presentación no Concello de Santiago da 59 edición da Feira do Viño do Ribeiro. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta