Hospitalizado debido a unha fuga de gas pola mala combustión dun quentador

Os feitos tiveron lugar nun piso de Pontevedra.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 25/04/2022 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Un home recibiu asistencia sanitaria na madrugada deste luns ao producirse unha fuga de gas nun piso no municipio de Pontevedra provocada polo defectuoso funcionamento dun quentador de auga.

Así o informou o 112 Galicia, que indicou que a persoa afectada tivo que ser trasladada a un centro hospitalario polos feitos sucedidos nunha vivenda na Rúa Nova de Arriba, uns minutos despois das 2,00 horas deste luns.

A esa hora un particular contactou co 112 Galicia para alertar da situación da persoa intoxicada que, segundo sinalou na súa comunicación, non espertaba. Por iso, por parte do servizo de emerxencias requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra, de Protección Civil, da Policía Local e da empresa subministradora do gas.

Á súa chegada á vivenda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Pontevedra confirmaron que se trataba dunha fuga de gas procedente dun quentador e, posteriormente, levaron a cabo medicións preventivas nas saídas de gases dos outros pisos do inmoble.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado que trasladou ao home afectado, J.F.B.P., de 48 anos de idade, ao Hospital Montecelo, en Pontevedra, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Un quentador dunha caldeira de gas
Un quentador dunha caldeira de gas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta